1. |
O futuro é noso
03:05
|
|
||
Erguerse de novo
Non volver caer
Hai que estar disposto
Atacar o poder
O camiño é duro e longo
A percorrer
Derrotando ao inimigo
Un novo mencer
Perseguir vellos soños…
Conquistar o futuro…
Loitar, vivir, rir, chorar
Xamais baixar brazos e abdicar!
Represión e atrancos
Sempre atoparás
Non baixar a garda
Nada que agochar
Dignidade por diante
Muros por derrubar
Esixamos o imposible
Non imos calar
|
||||
2. |
Antisocial
03:29
|
|
||
Observado sen parar
Descolocado en calquer lugar
Sempre sinalado por non ser igual
Diferente dos demais
So te ven coma un criminal
Es raza aparte, algo a eliminar
Día a día segues cara diante sen mirar atrás
Digan o que digan ti non pensas cambiar
Antisocial! Perseguido e condeado!
Por políticos controlado
Esa é a túa vida, antisocial!
Axexado como un animal
So na rúa houbo que medrar
Sentindo as caricias da man policial
Rexeitado sen razon
Non precisas compresión
Fiel ao que sintes no teu corazón
|
||||
3. |
Esta sociedade
03:04
|
|
||
Todos os días penso que é loitar e vivir
Estou metido nunha espiral sen poder sair
Nun mundo que non é o teu lugar
Nun sitio onde xogan coas túas ilusións
Non,non, non é para min (x2)
Esta sociedade non é para min
Podes-me ver, estou aquí
Non tes o meu control
Ao mellor esta sociedade non é para min/ti! (x2)
Nunha prisión feita a medida para te controlar
Rodeado de hipocresía e traizón
Onde vives día a día para amosar
Que oito cifras e unha letra non din que es
|
||||
4. |
Non podo máis
02:38
|
|
||
Xa estou farto de tragar
Mentres vos a me enganar
Onde pensades chegar?
Xa estou farto non penso calar, calar, calar
Ooooh, non podo mais (x2)
Xa non podo aturar, xanon quero tolerar
Non podo mais!
Xa non quero solución
Quero a vosa destrucción
Farto da vosa ambición, liscade que vos penso matar,
Matar, matar!
Ooooh!, non podo mais (x2)
Xa non podo aturar, xa non quero tolerar
Non podo mais!
|
||||
5. |
Baixo Control
03:32
|
|
||
Non o penses non hai sitio onde fuxir
100.000 ollos pousan a mirada en ti
Unha camara vixía o teu redor
As túas chamadas sonan nun ordenador
Baixo control! (x2)
Ten coidado coas túas simples opinións
Non se che ocurra pasar nunca á acción
Se un borrego non disintas dos demais
Os mass media non se equivocan xamais
|
||||
6. |
Produto
02:46
|
|
||
Vende imaxe, compraobxectos para sentirte mellor
É importante ser moderno e amosalo nun blog
Sen conciencia nin principios, para que os precisas
Que che importa a miseria, mentres botes risas?
Ti es, eu non! Outro escravo do mercado
Ti es, eu non! Produto manipulado
Sempre atento as tendencias, rebaixas de ocasión
Desfilando pola rúa, deslocalización
Usa e tira sen parar, tan so é mercancía
Que che importa a maquila, se ti non tes culpa?
|
||||
7. |
Non haberá perdón
03:11
|
|
||
Somos o povo farto de inxustizas
Xuiz, xurado, brazo executor
Sentenzas absurdas, falso sistema
Que se vende ao mellor postor
Non fago preguntas, non quero respostas
Non agardo explicacion
Ollo por ollo, dente por dente
Non haberá perdon!
Non habera perdon!
Xustiza pola man, xustiza da rua
vixia as túas costas eu vixíos as tuas
o meu alento na tua caluga
Somos a clase farta de mentiras
Fria vinganza contra o explotador
A vosa vergonza o noso orgullo
Peito erguido fronte a decepción
O teu medo, a miña forza
Non preciso xustificación
Ollo por ollo, dente por dente
Non haberá perdon!
|
Common People Records Barcelona, Spain
Oi!/Punk Label & Mailorder from Barcelona (Spain).
If you like Common People Records, you may also like:
Bandcamp Daily your guide to the world of Bandcamp